Viveiro celebra esta fin de semana a 4ª Edición das Carreiras de Cabalos

O domingo, celebraranse as distintas competicións por categorías, que inclúen andadura libre serrada, chapeada e galope. Haberá tamén exposición de maquinaria e feira de gando.


O Concello de Viveiro presentou a 4ª Edición das Carreiras de Cabalos “Cidade de Viveiro”, que serán esta fin de semana, os días o e 10 de setembro, no Campo de Fútbol de Celeiro. A alcaldesa, María Loureiro, e Gabriel Vizoso, da Asociación de Cabaleiros do Landro, presentaron este evento.

“Un ano máis, dende o Concello de Viveiro colaboramos con esta cita, que posiciona a nosa vila, e Celeiro en concreto, como un punto de interese turístico e deportivo”, subliñou María Loureiro.
A xornada do sábado comezará ás 10:00 coa Final do Campionato Galego de Andadura Individual, mentres que pola tarde se celebrará o Campionato Galego de Andadura por equipos e unha exhibición de pastoreo con cans.

O domingo, celebraranse as distintas competicións por categorías, que inclúen andadura libre serrada, chapeada e galope. Haberá tamén exposición de maquinaria e feira de gando.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here