Encontran o corpo sen vida do octoxenario que saíra buscar camarón no Vicedo

Vehículo da Garda Civil. AXM

O home de 83 anos que saíra este mércores a pescar camaróns no Vicedo foi localizado sen vida este xoves polos equipos de emerxencias despregados.

O 112 recibiu o aviso de madrugada este xoves e o corpo do home foi localizado nunha zona próxima a unha das covas na zona da praia de Alegrín, onde desaparecera.

O GES confirmou a localización do corpo deste home, cuxa identificación ratificou a Garda Civil. Para recuperar o cadáver, foi necesaria a intervención do helicóptero Pesca II, un dos numerosos medios mobilizados para localizar a este home.

No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Salvamento Marítimo, Gardacostas de Galicia, que mobilizou o helicóptero de rescate Pesca II, os Bombeiros de Viveiro, o GES de Cervo e Protección Civil do Vicedo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here