InicioOccidentalViveiroViveiro manterá abertos tres baños públicos todo o ano para mellorar os...

Viveiro manterá abertos tres baños públicos todo o ano para mellorar os servizos á veciñanza

Ademais destes tres baños públicos dispoñibles todo o ano, os da praia de Area tamén se manterán abertos durante o mes de setembro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro manterá “abertos durante todo o ano, non só no verán, unha serie de baños públicos para o uso da veciñanza e os visitantes”, explica a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez.


O primeiro deles é o ubicado en Covas, onde a parrillada do parque. Tamén estarán abertos todo o ano os que se atopan ao final no paseo desta praia, no pequeño parque alí situado. Este último está específicamente deseñado para ser empregado por persoas con mobilidade reducida, aínda que o outro tamén está adaptado para posibilitar este uso.


Finalmente, como novidade, o aseo que está ubicado debaixo do templete de música tamén poderá ser empregado todo o ano. O Concello pide a colaboración da veciñanza para manter estes baños públicos o máis limpos e coidados posibles. Ademais destes tres baños públicos dispoñibles todo o ano, os da praia de Area tamén se manterán abertos durante o mes de setembro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...