InicioOccidentalViveiroPresentan a andaina 'Viveiro en marcha contra o cancro'

Presentan a andaina ‘Viveiro en marcha contra o cancro’

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acolle este domingo a andaina solidaria ‘Viveiro en marcha contra o cancro’. Será unha andaina de cinco quilómetros que partirá ás 10:00 horas desde Fonte de Covas e chegará ata a praza do Náufrago, en Celeiro, onde se entregará aos participantes froita e auga.

A andaina foi presentada esta mañá pola alcaldesa, María Loureiro; a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez; Domingo González López, en representación da Asociación Beiras de Viveiro; Andrea Casais Amor, psicóloga da Asociación Española contra o Cáncer, e Rocío Fernández Alonso, traballadora social da Asociación Española contra o Cáncer.

Conta co patrocinio de Solans de Cabras e a colaboración do Concello de Viveiro; Distribuciones Carreiras; Frutas José; Asociación Beiras de Viveiro; Puerto de Celeiro, e Mimos.

Inscricións presenciais na estación de servizo de Celeiro; Encantos Moda Íntima; Mercería Silvia; Farmacia Casariego Baamonde; Cobelinha; Farmacia Ortopedia Dolores Casariego; Tejiendo sueños, e Don Balón. Tamén é posible inscribirse escaneando o código QR do cartel.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...