Inundacións na A-8 no Concello de Barreiros

Garda Civil. EFE

As treboadas deixaron incidencias por toda Galicia. Así un particular avisou ao 112 de que a A-8 ao seu paso por Barreiros estaba alagada.

En Ribadeo, tamén unha persoa púxose en contacto cos servizos de emerxencia e informaba de que había algún coche parado na autovía, á altura da Devesa, por mor da granizada. Isto sucedeu sobre as 16,40 horas e ata o punto desprazouse a Garda Civil de Tráfico e o servizo de mantemento de estradas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here