InicioOccidentalViveiroA Biblioteca de Viveiro organiza actividades coa poeta Yolanda Castaño e o...

A Biblioteca de Viveiro organiza actividades coa poeta Yolanda Castaño e o músico Magín Blanco

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que, cos eventos previstos, o Concello de Viveiro “continúa coa súa aposta por promover a lectura dende a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organiza varias actividades na Biblioteca Pública Municipal ao longo dos meses de setembro e outubro. Esta programación, baixo o nome ‘Ler conta moito’, contará coa presenza da poeta Yolanda Castaño ou do artista Magín Blanco.

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala que, cos eventos previstos, o Concello de Viveiro “continúa coa súa aposta por promover a lectura dende a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo”. A entrada aos mesmos será, en todos os casos, de balde ata completar aforo, puidéndose reservar prazas acudindo previamente á biblioteca para coller entradas.

A primeira cita deste ciclo de actividades terá lugar este venres 15 de setembro ás 20:00 na sala multiusos do Concello de Viveiro, e está dirixida a un público xuvenil e adulto. Contará como poñente coa escritora compostelá Yolanda Castaño.

O sábado 7 de outubro a propia sala multiusos acollerá ás 12:00 ‘O que levamos nas maletas’, do músico e cantante Magín Blanco, para público a partir de 3 anos. E ás 12:00 do sábado 14 de outubro na mesma ubicación será a quenda de ‘Contos do mundo: as viaxes de Irene”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...