InicioOccidentalViveiroViveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para o último trimestre...

Viveiro presenta a programación do Teatro Pastor Díaz para o último trimestre de 2023

Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, destaca que os eventos programados “inclúen como sempre grandes pezas teatrais a nivel galego, e tamén, como en anos anteriores, a nivel nacional”.

Publicada o

- Advertisement -


O Concello de Viveiro organiza no Teatro Pastor Díaz unha ampla programación de espectáculos para o último trimestre deste 2023. Nos meses de outubro, novembro e decembro o teatro acollerá un total de 12 eventos entre representacións teatrais, concertos e incluso un espectáculo de maxia. Lara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura, destaca que os eventos programados “inclúen como sempre grandes pezas teatrais a nivel galego, e tamén, como en anos anteriores, a nivel nacional”.

“Neste caso teremos unha peza que chega dende o País Vasco e outra dende Madrid”, engade.
A concelleira sinala que o obxectivo principal desta programación é “facer da nosa cultura unha cultura plural, diversa, que abranga tanto o feito no noso país como o feito no panorama nacional”.

“É sempre un placer presentar esta programación, que demostra que o teatro Pastor Díaz está máis vivo que nunca”, afirmou Fernández Fernández-Noriega, “incluíndo a a máxima diversidade posible, para todos os gustos e todas as idades”. “Agardamos que sexa un éxito, como sempre, e agardamos ao público nas butacas”, concluíu.

A programación para os vindeiros meses no teatro inclúe ata oito representacións de obras de teatro para todas as idades. Tamén dous concertos da Banda Municipal de Música de Viveiro, o de Santa Icía o 18 de novembro e o de Nadal o 23 de decembro, e un espectáculo de maxia a cargo de 4 ilusionistas diferentes o 28 de decembro. Así mesmo, tamén se incluirá a programación da V edición de Superarte no mes de outubro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...