InicioOccidentalViveiroA biblioteca de Viveiro retoma o horario de inverno a partir do...

A biblioteca de Viveiro retoma o horario de inverno a partir do vindeiro luns

A volta á actividade polas tardes e as mañás do sábado unha vez finalizado o verán coincide coa programación dunha serie de actividades para as vindeiras semanas, dentro do ciclo “Ler conta moito”.

Publicada o

- Advertisement -

A Biblioteca Pública Municipal de Viveiro recuperará a vindeira semana o seu horario de inverno. Así, a partir do luns, 18 de setembro, de luns a venres abrirá ao público de 8:30 a 15:30 e de 16:30 a 20:30. No caso dos sábados, prestará servizo entre as 10:00 e as 14:00 horas.

A Volta á actividade polas tardes e as mañás do sábado unha vez finalizado o verán coincide coa programación dunha serie de actividades para as vindeiras semanas, dentro do ciclo “Ler conta moito”, unha iniciativa que a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, enmarca na continua aposta do Concello de Viveiro “por promover a lectura dende a infancia dun xeito lúdico á vez que educativo”.

A primeira destas citas é hoxe mesmo. Está dirixida a un público xuvenil e adulto e contará como poñente coa escritora compostelá Yolanda Castaño. Será na sala multiusos do Concello de Viveiro comezará ás 20:00.

O sábado 7 de outubro a propia sala multiusos acollerá ás 12:00 “O que levamos nas maletas”, do músico e cantante Magín Blanco, para público a partir de 3 anos.

E ás 12:00 do sábado 14 de outubro na mesma ubicación será a quenda de ‘Contos do mundo: as viaxes de Irene”, a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia.

A asistencia a estas actividades será, en todos os casos, de balde ata completar aforo. Poderanse reservar prazas acudindo previamente á biblioteca a retirar as entradas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...