InicioOccidentalViveiroViveiro investirá case 90.000 euros para a mellora de tres camiños rurais...

Viveiro investirá case 90.000 euros para a mellora de tres camiños rurais en Vieiro

Trátase dun proxecto do anterior mandato, agora xa en prazo de execución.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro realizará diversas obras en camiños rurais da parroquia de Vieiro como parte do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. Este proxecto do anterior mandato servirá para mellorar e renovar tres viais, comezando pola pista Lavandeira-Areal e ramal da pista do río Areal.

Trátase dun proxecto do anterior mandato, agora xa en prazo de execución. Os outros viais que se renovarán serán a pista Cabeceira-Pelourao e ramal e a pista do barrio da Igrexa, todos eles na parroquia viveirense de Vieiro.

As actuacións contan cunha subvención da AGADER, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Este organismo aportará 68.406,00€ do total de 88.130,40€ que custarán os traballos. O Concello de Viveiro aporta os 19.904,40€ restantes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...