InicioOccidentalViveiroViveiro informa do comezo de obras de substitución do colector de Avenida...

Viveiro informa do comezo de obras de substitución do colector de Avenida de Galicia

No inicio das obras, os usuarios que estacionan na explanada do Porto de Viveiro terán que facer a súa saída por detrás da estación de autobuses, incorporándose á rotonda da Oficina de Turismo.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa de que este luns, día 25 de setembro, comezan as obras de substitución do colector de saneamento na Avenida de Galicia.

A finalidade desta obra é eliminar un punto de vertido que se localiza na estación de autubuses, como consecuencia do estado no que se atopa a rede de saneamento municipal, polo que se vai substituir un tramo de colector na Avenida de Galicia. O emprazamento destas obras localízase na intersección de Avenida de Galicia coa Avenida de Cervantes.

No inicio das obras, os usuarios que estacionan na explanada do Porto de Viveiro terán que facer a súa saída por detrás da estación de autobuses, incorporándose á rotonda da Oficina de Turismo. Pode haber ademais posibles retencións, polo que o concello pide desculpas polas molestias ocasionadas.

ÚLTIMAS

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi...