InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro xa planificou as obras en dous inmobles no...

O Concello de Viveiro xa planificou as obras en dous inmobles no Grallal en estado ruinoso

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro comprende as demandas dos veciños e veciñas do barrio de Grallal, en Covas, polo estado de dous edificios abandonados. Nesta zona, o concello tivo que iniciar primeiro un longo procedemento para desaloxar a un transeúnte que residía alí, un proceso xa rematado.

Posteriormente, abriu un proceso de execución subsidiaria ao non conseguir contactar coas persoas propietarias dos inmobles, pero trátase de expedientes de tramitación longa e ademais o concello acaba de recibir a necesaria autorización da Axencia Galega de Infaestruturas (AXI), ao estar as vivendas ao carón da estrada.

O concello xa ten planificadas as obras nos dous inmobles, que consistirán, entre outras tarefas, na limpeza das cubertas, substitución de canalóns e baixantes, retirada de carpintería exterior danada e colocación no seu lugar dun taboleiro, actuacións nos balcóns, limpeza e pintado de fachadas, e tarefas de mantemento nas fincas. Adxudicaranse a curto prazo.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...