InicioOccidentalViveiroViveiro ofrecerá un roteiro polas minas da Silvarosa o 7 de outubro

Viveiro ofrecerá un roteiro polas minas da Silvarosa o 7 de outubro

As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización desta actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acollerá, o vindeiro sábado 7 de outubro, un roteiro polas antigas Minas da Silvarosa, organizado pola Cámara Oficial Mineira de Galicia.

Activas entre os anos 1896 e 1966, as Minas da Silvarosa representaron un dos xacementos máis importantes de ferro de Galicia, con boa parte da súa produción destinada á exportación.
Neste roteiro ao patrimonio mineiro de Viveiro visitaranse distintas instalacións das antigas minas, na contorna dunha fermosa paisaxe natural, coas explicacións correspondentes do xeólogo Eduardo González Clavijo.


As áreas de Medio Rural e Turismo do Concello de Viveiro colaboran na organización desta actividade, co obxectivo de seguir contribuíndo a preservar o patrimonio e a memoria do municipio, á vez que os seus espazos naturais.


A actividade comezará ás 10:00 da mañá do sábado día 7 de outubro, e a inscrición na mesma é gratuíta. As prazas son limitadas, polo que será necesario contactar previamente coa organización, no número 667 647 043

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...