InicioOccidentalViveiroViveiro retira as xardineiras das beirarrúas na Travesía da Mariña para mellorar...

Viveiro retira as xardineiras das beirarrúas na Travesía da Mariña para mellorar o tráfico

Algunhas delas estaban en mal estado.

Publicada o

- Advertisement -

A tenente de alcaldesa e concelleira de Obras de Viveiro, Miriam Bermúdez, informa da retirada das xardineiras que estaban ubicadas nas beirrarúas da Travesía da Mariña.

Na maioría das ubicacións nas que estaban eran un obstáculo, e coa súa retirada melloramos o tránsito de peóns e avanzamos en accesibilidade, pensando nas persoas con mobilidade reducida ou nos carriños dos bebés”, explica Bermúdez.


En concreto, retiráronse as xardineiras que estaban na Travesía da Mariña no tramo que vai desde o restaurante Ría ata a pescadería. Algunhas delas estaban ademais en mal estado. “Son pequenas actuacións para mellorar a mobilidade nas nosas rúas, pensando sempre na nosa veciñanza”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...