InicioOccidentalViveiroA Xunta declara que Viveiro non pediu a liña de axudas para...

A Xunta declara que Viveiro non pediu a liña de axudas para a Praza de Abastos

Segundo o executivo galego, Viveiro podería ter optado ás achegas para a mellora das instalacións, dos servizos para a clientela, o equipamento comercial e a eficiencia enerxética das prazas de abastos que se convocou o pasado mes de abril.

Publicada o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia convoca un programa específico de axudas para o impulso dunha Rede de Mercados Excelentes de Galicia e a dinamización das prazas de abastos, aberta a todos os concellos galegos, á que non optou o Concello de Viveiro.

Neste sentido, a Xunta aclara que as solicitudes de achegas para a praza de abastos ás que se refire o Concello de Viveiro non corresponden a este programa, senón á convocatoria do Instituto de Estudos do Territorio para a eliminación de impactos paisaxísticos e, tal e como recoñece a alcaldesa, foron denegadas por esgotamento de crédito, xa que se concedían por orde de entrada a todos os que cumprían os requisitos.

O Concello de Viveiro podería ter optado ás achegas para a mellora das instalacións, dos servizos para a clientela, o equipamento comercial e a eficiencia enerxética das prazas de abastos que se convocou o pasado mes de abril. Na presente anualidade, xa pechada, as axudas podían ser de ata 221.000 euros para os mercados que non contan aínda co selo de Mercado Excelente, e 181.000 euros no caso de mercados que xa o teñen, con apoios de ata o 80% do investimento subvencionable, dependendo do tipo de actuación a desenvolver.

Nos mercados que, como o de Viveiro, non contan aínda con ese distintivo, debe iniciarse  o procedemento para obtelo, e unha das actuacións subvencionables que necesariamente debe solicitar o concello é encargar a elaboración da diagnose de situación e usos do mercado por unha empresa de consultoría especializada.

As asociacións de prazas de abastos e mercados e as federacións tamén poden solicitar axudas, de ata 11.200 euros e 38.400 euros respectivamente, para accións de dinamización comercial,  loxística e-commerce, ou o equipamento persoal dos praceiros coa imaxe común e corporativa do mercado e o equipamento dos posto, entre outras.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...