InicioOccidentalViveiroNegativa do PP de Viveiro a debater a proposta sobre a variante...

Negativa do PP de Viveiro a debater a proposta sobre a variante de alta capacidade

Tanto a alcaldesa, María Loureiro, como a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, lamentan “a actitude do PP e a súa escasa vontade de buscar solucións aos problemas da veciñanza, non quixeron debatir hoxe este tema e buscaron unha excusa”.

Publicada o

- Advertisement -

O equipo de goberno do Concello de Viveiro levaba ao pleno deste pasado mércores unha proposta na que instaba á Xunta de Galicia a realizar as xestións necesarias para a construción dunha vía de alta capacidade que enlace Viveiro co resto do territorio, pero retirouna a última hora e a defenderá no pleno de novembro pola negativa do PP a debatila.

O regulamento orgánico municipal recolle que cada grupo político pode levar unha moción a cada pleno, e tanto o goberno local como os servizos xurídicos do concello entendían que se cumpría a ratio con esta proposta e outra moción para que Viveiro sexa unha cidade Amiga da Infancia.

Pola contra, o PP dirixiuse á Secretaria Municipal para argumentar que, ao seu entender, eran dúas iniciativas asinadas polo goberno local e se excedía a ratio autorizada para cada pleno.

Tanto a alcaldesa, María Loureiro, como a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, lamentan “a actitude do PP e a súa escasa vontade de buscar solucións aos problemas da veciñanza, non quixeron debatir hoxe este tema e buscaron unha excusa”. A proposta buscaba un acordo plenario para pedir á Xunta unha reunión urxente que axilizase o proxecto.

“Esta actitude non vai impedir que este goberno siga loitando por unha vía de alta capacidade tan necesaria para o futuro de Viveiro”, engaden.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...