InicioOccidentalViveiroViveiro terá representación na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación

Viveiro terá representación na Comisión Executiva do Fondo Galego de Cooperación

O Concello de Viveiro estará representado nesta executiva coa presenza como vocal da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega. “É importante formar parte dunha organización que traballa no eido da cooperación ao desenvolvemento cunha xestión profesional e transparente".

Publicada o

- Advertisement -

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade abriu un novo ciclo 2023-2027 cunha Asemblea Xeral na que se aprobou por unanimidade a composición da nova Comisión Executiva.

O Concello de Viveiro estará representado nesta executiva coa presenza como vocal da concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega. “É importante formar parte dunha organización que traballa no eido da cooperación ao desenvolvemento cunha xestión profesional e transparente, que realiza proxectos con impacto nos países do Sur Global e sensibiliza á sociedade galega a prol da solidariedade internacional”.

O Concello de Nigrán renova a presidencia na persoa do alcalde, Juan González, mentres que a vicepresidencia será para o edil de Cartelle Daniel Fernández.

Representantes duns corenta concellos participaron na Asemblea Xeral en Santiago, que se abriu cun balance do período 2019-2023 por parte do seu presidente. Juan González expresou como “o Fondo Galego permite que calquera municipio achegue o seu gran de area á construción dun mundo mellor, pois aportando moi pouquiño temos a posibilidade e o orgullo de facer cooperación internacional”.

O rexedor situou entre os logros do mandato a adopción dun sistema de cotas máis proporcional, o relanzamento da cooperación técnica realizada por persoal municipal, o impulso á implementación da Axenda 2030 no eido local ou a creación da Rede de Autoridades Locais da Lusofonía polos ODS.

O equipo técnico da entidade repasou a continuación as accións que se están a promover no ano en curso e presentouse tamén en primicia a campaña ‘313 Olladas Solidarias’, que o Fondo Galego desenvolverá neste último trimestre por toda Galicia co fin de ampliar o número de administracións locais socias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...