O Concello de Viveiro súmase á campaña internacional “Unidos por la Dislexia”, que se celebra con motivo do Día Internacional para visibilizar este trastorno da aprendizaxe.
Viveiro amosará o seu apoio a esta data iluminando de cor turquesa a porta de Carlos V durante a noite do sábado 8 de outubro, Día Internacional da Dislexia.
O Concello apoia así un ano máis esta reivindicación da Federación Española de Dislexia, coordinada polo Observatorio Internacional de Dislexia e outras Dificultades Específicas da Aprendizaxe (OIDEA).
Cada ano, máis institucións de todo o mundo se suman a esta iniciativa. Dende a OIDEA están a reclamar o seu recoñecemento oficial por parte das Nacións Unidas, razón pola cal realizaron un evento na súa sede de Nova York o pasado ano 2022.
O obxectivo desta iniciativa é dar visibilidade este trastorno da aprendizaxe, que afecta a un 10% da poboación e que carece da notoriedade necesaria. Dende a organización animan a compartir fotografías do acto de iluminación e outras publicacións de apoio en redes sociais coa etiqueta #Unidosporladislexia