InicioOccidentalViveiroViveiro consegue unha reunión co presidente de Portos de Galicia para desbloquear...

Viveiro consegue unha reunión co presidente de Portos de Galicia para desbloquear proxectos

Entre os temas a tratar nesa reunión, está a de conseguir a cesión de uso definitivo da explanada na que se atopa o antigo Casino de Viveiro, unha demanda que o concello mantén desde hai anos.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez, conseguiron hoxe unha reunión co presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, para desbloquear varios proxectos importantes para o municipio sobre os que ten competencias o ente autonómico.

Despois de varios anos detrás dunha solución, o pasado mes de agosto o goberno local solicitou ata tres veces e por escrito unha reunión co novo presidente de Portos de Galicia. Ao non obter resposta, Loureiro e Bermúdez desprazáronse hoxe persoalmente ata a sede do organismo en Santiago de Compostela. Foron recibidas polo presidente e manterán unha reunión formal dentro de 15 días.

“Agradecemos a súa receptividade e agardamos que a reunión sexa fructífera, xa que son temas e proxectos prioritarios para Viveiro, algún deles á espera dun acordo con Portos de Galicia desde hai anos”, aseguran Loureiro e Bermúdez.

Entre os temas a tratar nesa reunión, está a de conseguir a cesión de uso definitivo da explanada na que se atopa o antigo Casino de Viveiro, unha demanda que o concello mantén desde hai anos. Tamén o arranxo do firme do peirao de Viveiro, e o desenvolvemento dunha actuación de humanización da zona comprendida entre os núcleos de Viveiro e Celeiro, contemplando a creación dun carril-bici e un paseo peonil.

Ademais, o concello solicitou a Portos de Galicia e o Servizo Provincial de Costas unha reunión urxente para aclarar quen é o responsable de adoptar as medidas precisas para arranxar os desperfectos existentes no muro de contención do Paseo Marítimo e a rampa de acceso á lamina de auga ubicada nas inmediacións da Ponte da Misericordia. O Servizo Provincial de Costas xa manifestou a súa disposición a reunirse, polo que o concello está á espera de recibir unha resposta por parte de Portos de Galicia.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...