InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro concede por unanimidade a Medalla de Ouro da...

O Concello de Viveiro concede por unanimidade a Medalla de Ouro da Vila á Confraría de Celeiro

Publicada o

- Advertisement -

O pleno do Concello de Viveiro aprobou por unanimidade de todos os grupos políticos representados a concesión da medalla de Ouro da vila á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro, que cumpre cen anos neste 2023.


“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”. A concesión da medalla foi unha proposta do Partido Popular.


A entrega á Cofradía de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro da Medalla de Ouro da Cidade de Viveiro será nun acto público.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...