InicioOccidentalViveiro'Ler Conta Moito' leva a Viveiro a actuación de Magín Blanco co...

‘Ler Conta Moito’ leva a Viveiro a actuación de Magín Blanco co espectáculo “O que levamos nas maletas”

A concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca que, con esta actividade, o Concello “continúa coa súa aposta por promover a lectura dende a infancia dun xeito divertido á vez que educativo”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro acollerá mañá, sábado día 21 de outubro, o espectáculo ‘O que levamos nas maletas’, do músico e cantante Magín Blanco, para público a partir de 3 anos. Será ás 12:00 na sala multiusos do Concello.

A actuación forma parte do ciclo ‘Ler Conta Moito’ da Biblioteca Municipal de Viveiro. Estaba prevista inicialmente para o día 7 de outubro, pero un accidente sufrido polo artista obrigou a adiar a data ao día 21.

A concelleira de Cultura de Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega, destaca que, con esta actividade, o Concello “continúa coa súa aposta por promover a lectura dende a infancia dun xeito divertido á vez que educativo”. “Alegrámonos moito de que Magín Blanco poida por fin vir ao noso Concello para deleitarnos co seu espectáculo”, engade. Con esta actuación, o Concello comeza coa conmemoración do Día das Bibliotecas, que terá lugar este martes como cada 24 de outubro.


Fernández Fernández-Noriega sinala que “a biblioteca pública de Viveiro é un referente para os veciños e as veciñas e sobre todo para os máis pequenos”. “A cotío temos visitas guiadas dos centros educativos, é moi importante continuar con este labor de divulgación entre a cativada para dar a coñecer estas instalacións tan marabillosas das que dispoñemos”, destaca a concelleira.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...