InicioOccidentalViveiroViveiro organiza obradoiros de Samaín ademais de actividades

Viveiro organiza obradoiros de Samaín ademais de actividades

O primeiro deles está indicado para nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que o segundo, pola súa banda, está dirixido ao grupo de 8 a 12 anos. Ambos terán lugar na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro organiza unha serie de actividades para celebrar o Samaín orientadas ás e ós máis pequenos da casa. Ditas actividades terán lugar mañá, sábado 28 de outubro, e o 31 de outubro, martes e véspera do Día de Todos os Santos.


Na xornada de mañá sábado 28, pola mañá, haberá dous obradoiros temáticos de cara a esa festividade. Por unha banda, o obradoiro para elaborar monstros, de 11:00 a 12:30, e por outra banda, o obradoiro para elaborar casas fantasmagóricas, que terá lugar a continuación, de 12:30 a 14:00.


O primeiro deles está indicado para nenos e nenas de 4 a 7 anos, mentres que o segundo, pola súa banda, está dirixido ao grupo de 8 a 12 anos. Ambos terán lugar na Biblioteca Pública Municipal de Viveiro.


Na xornada do luns 31, as persoas que asistan á sala multiusos do Concello poderán desfrutar, entre as 18:00 e ás 21:00, de música a cargo de Puzzle Animación. Ademais, ás 18:00 terá lugar, dende a casa do Concello, a saída para pedir larpeiradas polas rúas de Viveiro, orientada a cativos e cativas dos dous grupos de idade anteriores conxuntamente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...