InicioOccidentalViveiroViveiro rexistra ventos de 114 km/h

Viveiro rexistra ventos de 114 km/h

Publicada o

- Advertisement -


Aínda na costa, O Penedo do Galo, en Viveiro, alcanzou o 114 km/h ás 08,00 horas, mentres que a estación de Punta Candieira, en Cedeira, o 107,7 km/h.

O municipio lucense de Muras rexistrou ventos superiores aos 120 quilómetros por hora na mañá deste sábado. En concreto, ás 10,10 horas, na estación do Xistral alcanzáronse refachos de ata 121,2 km/h.

No interior de Galicia, Carballeda de Valdeorras rexistrou ventos de 118 km/h e Cervantes de ata 88,0 kilómetros por hora.

Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) mantén activo un episodio meteorolóxico adverso no mar que afectará a toda a costa da comunidade galega. Esta alerta, de nivel laranxa, traerá fortes ventos (forzas 7 e 8) e ondas que poden alcanzar o sete metros de altura.

Ademais, segundo Meteogalicia, durante esta xornada Galicia estará baixo a influencia da borrasca Celine, situada ao suroeste de Irlanda que deixará unha situación de temporal en terra e mar, especialmente na segunda metade do día.

Así, mantén un aviso amarelo por choivas en todo o territorio, mentres que ascende a laranxa por vento e ondas en todo o litoral.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...