InicioOccidentalViveiroViveiro presenta o su potencial turístico gastronómico en 'Xantar'

Viveiro presenta o su potencial turístico gastronómico en ‘Xantar’

O concello ofreceu este xoves en Xantar unha degustación de empanada de merluza do pincho e Pan dos Apóstoles, e difundirá durante estes días material de promoción turística.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro está presente desde hoxe en Xantar 2023, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se celebra en Ourense. A vila conta cun stand propio no que ata o domingo se promociona o atractivo histórico e paisaxístico da comarca, a Semana Santa e a súa gastronomía.

Na xornada de hoxe, estiveron representando ao concello a concelleira de Turismo, Marisol Rey, e o concelleiro do Mar, Jesús Fernández. A alcaldesa, María Loureiro, non puido asistir pola súa axenda de traballo municipal.

“A nosa gastronomía está chea de produtos recoñecidos pola súa calidade e a súa tradición. Temos o noso Pan dos Apóstoles e, como non, a nosa merluza do pincho. O sector pesqueiro de Viveiro, e en concreto o porto de Celeiro, traballa duro cada día baixo criterios de sostenibilidade para facernos chegar un produto único”, asegurou na súa intervención Marisol Rey.

O concello ofreceu este xoves en Xantar unha degustación de empanada de merluza do pincho e Pan dos Apóstoles, e difundirá durante estes días material de promoción turística.

O stand servirá tamén de punto de encontro con turoperadores e profesionais do sector, xunto co público en xeral que sempre enche Xantar atraído polo amplo programa de actividades.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...