InicioOccidentalViveiroXornada divulgativa en Viveiro este venres 'Microbios: compañeiros invisibles'

Xornada divulgativa en Viveiro este venres ‘Microbios: compañeiros invisibles’

A palestra ‘Microbios: compañeiros invisibles’. Sala multiusos do Concello de Viveiro ás 20:00 horas, e é unha iniciativa no marco das colaboracións 2023 CSIC Galicia e o Consello da Cultura Galega.

Publicada o

- Advertisement -

Viveiro celebrará este venres un caladoiro con Marta López (Xefa do Grupo Microbioloxía e Tecnoloxía de Productos Mariños do Instituto de Investigacións Mariñas) e Jesús Romalde (Catedrático de Microbioloxía da Universidade de Santiago de Compostela), membros da Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (RISEGAL).

Reflexionarán co público sobre as evidencias científicas que demostran o papel clave dos microorganismos no pasado, e nun presente e futuro marcado pola emerxencia climática.

Sinxelos e complexos, beneficiosos e prexudiciais, parecidos pero diferentes. Os microorganismos, invisíbeis ao ollo humano, son os responsables do inicio da vida na Terra pero ademais, xogan un papel relevante nas nosas vidas.

Vivimos rodeados de bacterias, virus, fungos e gran diversidade de organismos microscópicos que son fundamentais en moitos dos procesos que regulan o Planeta. Algunhas especies conviven con nós en harmonía incluso desde o noso nacemento. Hainas que provocaron epidemias e pandemias que cambiaron a historia do mundo.

Grazas aos microorganismos porén, temos antibióticos que salvan vidas e alimentos e bebidas tan diversos como o pan, o iogur ou a cervexa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...