InicioPolíticaJosé Tomé acusa a Ethel Vázquez de mentir coa variante de Viveiro:...

José Tomé acusa a Ethel Vázquez de mentir coa variante de Viveiro: “Actúa como nunha tómbola e só sabe pedir”

Para Tomé, as declaracións da conselleira supoñen "unha falta de respecto ás institucións e aos veciños da Mariña",

Publicada o

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, acusou á conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, de mentir en relación coa vía de alta capacidade Costa Norte de Ferrol a San Cibrao, despois de que este venres culpase ao Goberno central e provincial de “bloquear” en Viveiro unha variante desta vía.

Nunha nota de prensa, José Tome reprochou a actitude de “escapista e ‘ bota culpas'” da representante do Executivo autonómico que, na súa opinión, actúa “como nunha tómbola na que só sabe pedir aos demais, porque xestionar non xestiona nada”.

Para Tomé, as declaracións da conselleira supoñen “unha falta de respecto ás institucións e aos veciños da Mariña”, que en todo caso, asegurou, “saben quen ten a responsabilidade de facer esta obra, que é a Xunta de Galicia”.

“Xa hai que ter atrevemento e pouca vergoña para tratar de implicar á Deputación de Lugo na execución dunha estrada como a variante de Viveiro, que é da Xunta de Galicia”, subliñou Tomé, que volveu a esixir á conselleira “que deixe de mentir e de botarlle a culpa aos demais”.

“Se non fixo nin un metro de obra máis dos que deixou licitados o Goberno de Touriño é porque non quere e porque castiga á Mariña. É a conselleira da nada, porque nada fai nin nada achega”, reiterou.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...