InicioOccidentalViveiroClausuradas en Viveiro as 'VII Xornadas de Historia e Arqueoloxía'

Clausuradas en Viveiro as ‘VII Xornadas de Historia e Arqueoloxía’

No acto de clausura, o concelleiro do Mar do Concello de Viveiro, Jesús Fernández, destacou “a nosa satisfacción polo éxito conseguido, tanto pola gran valía dos relatores e a calidade das súas charlas, como tamén pola participación nas mesmas”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro clausurou as ‘VII Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro’, que se celebraron durante a fin de semana.


As xornadas, unha iniciativa para dar a coñecer unha parte moi importante da historia e o patrimonio subacuático a través de grandes expertos en arqueoloxía marítima, foron un gran éxito con máis de 110 persoas inscritas e unha afluencia media superior ás 60 persoas en cada charla.


No acto de clausura, o concelleiro do Mar do Concello de Viveiro, Jesús Fernández, destacou “a nosa satisfacción polo éxito conseguido, tanto pola gran valía dos relatores e a calidade das súas charlas, como tamén pola participación nas mesmas”.


“Unha vez máis, cremos que estas xornadas, a pesar da súa breve traxectoria, xa se converteron nun referente nacional dentro da disciplina da historia e arqueoloxía subacuática”, engadiu, lembrando “as sesións máis en clave local, como a do proxecto Ría de Viveiro ou a da restauración da Madalena”.


“O noso sinceiro agradecemento a todos e a todas as persoas relatoras polas súas magníficas intervencións”, apuntou Fernández, que agradeceu a “o traballo de Antón López e a axuda da FEDAS, a UNED, a Armada, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia”.
“Para min, como concelleiro do Mar, e tamén en nome da alcaldesa, María Loureiro, é unha auténtica honra colaborar na organización deste evento. Xa traballamos pensando na oitava edición”, rematou.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...