InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro chama a participar na concentración por unha sanidade...

O Concello de Viveiro chama a participar na concentración por unha sanidade digna

O goberno local e a plataforma fan un chamamento “ao conxunto da veciñanza para que acuda á concentración, en resposta á grave situación que está a sufrir a Atención Primaria na comarca e nomeadamente no Centro de Saúde de Viveiro”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro e a Plataforma Sanitaria da Mariña presentaron hoxe o cartel da concentración que, baixo o lema ‘Paremos a destrución da Atención Primaria’, convócase este domingo, 19 de novembro, ás 11:30 horas diante do centro de saúde.


O goberno local e a plataforma fan un chamamento “ao conxunto da veciñanza para que acuda á concentración, en resposta á grave situación que está a sufrir a Atención Primaria na comarca e nomeadamente no Centro de Saúde de Viveiro”.


A situación é insistible, ao estar agora mesmo o centro de saúde con dúas facultativas de familia das sete que conforman a plantilla en quenda de mañá, que deben atender tamén as urxencias, polo que moitas citas de atención primaria quedan sen atender.


“Atopámonos diante da destrución do eixo principal da atención sanitaria, un servizo público esencial”, manifestaron a alcaldesa, María Loureiro, e a tenente de alcaldesa, Miriam Bermúdez.


O centro de saúde atópase tamén sen os dous pediatras de plantilla desde hai un ano, suplíndose esta eiva con dúas profesionais que se desprazan desde Lugo, entre outras carencias.


“Está en risco a saúde dos nosos veciños e veciñas, unha situación que non podemos permitir”, engaden.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...