InicioOccidentalViveiroA concellaría de Medio Rural de Viveiro realizará reunións semanais polas parroquias

A concellaría de Medio Rural de Viveiro realizará reunións semanais polas parroquias

Publicada o

- Advertisement -

A concellería de Medio Rural vén de planificar reunións semanais ao longo dos seguintes meses en todas as parroquias que conforman o noso concello. A nacionalista e tenenta de alcaldesa, Míriam Bermúdez, xunto co concelleiro de Medio Rural, Ramón Martínez Castro, acudirán a entre os meses de novembro e xaneiro cubrindo todas as parroquias de Viveiro. 

Para este mes de novembro, o luns 20 terá lugar a reunión na escola antiga de Boimente, o mércores 22 na de Chavín, luns 27 na de Valcarría e o mércores 29 na de Magazos, en todos os casos ás 19:30h.

En decembro, a previsión é:

luns 11 en Xunqueira (antiga escola)

mércores 13 en Faro (antiga escola)

luns 18 en Galdo (antiga escola)

mércores 20 en San Pedro (antiga escola)

E en xaneiro:

luns 8 en Landrove (antiga escola)

mércores 10 en Vieiro (antiga escola)

luns 15 en Celeiro (Casa do Forno)

mércores 17 en Covas (Centro social)
luns 22 en Viveiro (Salón multiusos)

Será esta unha forma de demostrar a importancia que ten para nós, o BNG, o Medio Rural e converter as parroquias do rural nunha alternativa de vida e de calidade para a súa veciñanza, contribuíndo a reverter a situación de envellecemento e despoboamento que ameaza o futuro das parroquias rurais do concello.

Así pois, facemos un chamamento a toda a veciñanza para que acuda ás mesmas coa finalidade de compartir connosco as súas inquedanzas e intereses e poder mellorar así o noso concello pouco a pouco.

ÚLTIMAS

Entregadas en Ribadeo as primeiras Cestiñas dos Arrolos a catro familias

O Concello de Ribadeo entregou este venres as primeiras cestiñas dos arrolos a catro...

A Concellaría de Benestar de Viveiro participará na Misión do Fondo Galego de Cooperación aos campamentos Saharauis

O Concello de Viveiro estará representado na misión do Fondo Galego de Cooperación e...

Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional Calendario de Nadal

O Concello de Cervo vén de presentar o seu tradicional calendario de Nadal que...

UNED en Foz organiza tres actividades formativas para este decembro

A concelleira da Aula Universitaria da UNED en Foz, Elena Martínez Pena, e a...