InicioOccidentalViveiroViveiro valora como "enriquecedora" a asistencia ao encontro no Carballiño

Viveiro valora como “enriquecedora” a asistencia ao encontro no Carballiño

Na provincia de Lugo, Viveiro e Burela son pioneiros na creación de grupos de participación xuvenil.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro considera “moi enriquecedora tanto para os mozos participantes como para os adultos involucrados” a asistencia do Grupo de Participación Xuvenil ao 3º Encontro de Participación Infantil e Xuvenil no Carballiño.


Esta fin de semana, no marco do Día Universal dos Dereitos da Infancia, que é hoxe, celebrouse o 3º Encontro de Grupos de Participación Infantil e Xuvenil dos Concellos no Carballiño.


“Durante o encontro, abordáronse diversas áreas clave, como ensinanza, educación, lecer e familia, sempre desde a perspectiva de salvagardar os dereitos dos máis pequenos. Destacouse a importancia de escoitar a voz dos nenos, que teñen moito que aportar”, explica a concelleira Lara Fernández Fernández-Noriega.


Como resultado deste encontro, extraéronse conclusións valiosas que serán presentadas no Parlamento de Galicia o próximo 28 de novembro. Os mozos representantes dos distintos concellos acudirán para expoñer ante os representantes políticos as súas necesidades en áreas fundamentais das súas vidas. A portavoz do Concello de Viveiro será Candela.
Desde o goberno municipal de Viveiro, mantense un forte compromiso neste ámbito coa obtención do título de ‘Cidade Amiga da Infancia’ (en proceso a día de hoxe). Sen conformarse únicamente co recoñecemento, a vila quere continuar crecendo e promover un entorno inclusivo para todos.


“A idea de escoitar aos nenos e nenas como guías é fundamental para construír un entorno máis amigable e seguro para eles. Por iso, proxéctase, para o ano 2024, a expansión do grupo de participación xuvenil en Viveiro creando un grupo infantil, un espazo onde tamén poidan participar as familias en algún momento”, engade Fernández-Noriega.


Na provincia de Lugo, Viveiro e Burela son pioneiros na creación de grupos de participación xuvenil. “Animamos a outros concellos a sumarse a esta iniciativa, xa que é crucial tecer redes nas comunidades e entre os propios concellos para fomentar lugares seguros para os nosos menores”, remata.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

Foz renova a frota de vehículos con catro novos transportes para o servizo de obras

O Concello de Foz vén de adquirir catro novos vehículos para o servizo de...

Detectado en Xove outro caso de gripe aviaria en gaivotas patiamarelas

A Consellería do Medio Rural comunicou ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, a...

ACISA Ribadeo repartirá 6.000 euros en premios na XIII Festa do Comercio

Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1...