InicioOccidentalXoveViveiro celebra este sábado a marcha 'En negro contra as violencias'

Viveiro celebra este sábado a marcha ‘En negro contra as violencias’

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anima aos veciños e veciñas a participar na marcha e destaca “a necesidade de seguir combatindo a lacra que supón a violencia machista, co obxectivo de conseguir erradicala por fin da nosa sociedade”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, dentro da súa programación para conmemorar o 25N, Día Contra a Violencia Machista, organiza mañá a marcha popular ‘En Negro contra as Violencias’.

A marcha sairá ás 12:00 horas dende os Castelos, en Covas, e rematará na praza Maior de Viveiro, onde haberá unha concentración en silencio para a lectura do manifesto institucional polo 25N.

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, anima aos veciños e veciñas a participar na marcha e destaca “a necesidade de seguir combatindo a lacra que supón a violencia machista, co obxectivo de conseguir erradicala por fin da nosa sociedade”.

Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, sinala “a importancia de sensibilizar e visibilizar o que supón a violencia machista para as vítimas e as familias”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...