InicioOccidentalViveiroMarcha contra a violencia machista en Viveiro "En negro contra as violencias"

Marcha contra a violencia machista en Viveiro “En negro contra as violencias”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro, dentro da súa programación para conmemorar o 25N, Día Contra a Violencia Machista, celebrou esta mañá a marcha popular ‘En Negro contra as Violencias’.

A marcha saíu ás 12:00 horas dende os Castelos, en Covas, e rematou na praza Maior de Viveiro.

A concelleira de Muller e Igualdade, Lara Fernández Fernández-Noriega, salientou que “o concello segue no seu firme compromiso de facer de Viveiro un lugar igualitario, promovendo unha educación en igualdade para que a nosa rapazada teña ferramentas para construír unha sociedade mellor”.

“Traballamos os 365 días do ano para que Viveiro sexa un pobo libre de violencia de xénero”, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...