InicioOccidentalViveiroViveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores...

Viveiro entregará a Medalla de Ouro da Cidade á Confraría de Pescadores de Celeiro

O Concello de VIveiro destaca o da Confraría “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro entregará a medalla de Ouro da Moi Noble e Moi Leal Cidade de Viveiro á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro o próximo sábado 16 decembro.

A medalla entrégase polo centenario da confraría e o acto, aberto a todos os veciños e veciñas, será ás 12:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

“Tivemos en conta a grande importancia que esta institución tivo e continúa tendo na historia de Viveiro, atendendo á súa historia e traxectoria”, asegura o concello, que destaca “o seu papel relevante na economía local e máis concretamente no sector pesqueiro, ademais da súa implicación social e cultural”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...