InicioOccidentalViveiroO Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro acode ao Parlamento...

O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro acode ao Parlamento de Galicia

Esta visita ao Parlamento produciuse precisamente logo de que o Concello de Viveiro fose oficialmente recoñecido como candidato ao recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia.

Publicada o

- Advertisement -


O Grupo de Participación Xuvenil do Concello de Viveiro vén de participar nos actos celebrados con motivo do Día Mundial da Infancia no Parlamento de Galicia. A rapazada que forma parte deste grupo acudiu á institución acompañada de varios técnicos municipais e máis da concelleira de Infancia, Lara Fernández Fernández Noriega.


A concelleira destaca que “é un orgullo que o Grupo de Participación Xuvenil puidese asisitir nun día tan importante ao Parlamento de Galicia, a casa de todos os galegos e galegas”. Aproveitaron a súa visita para dar voz a reivindicacións “tan importantes para A Mariña como a de ter unha boa atención sanitaria”.


“Seguiremos traballando en prol de que a nosa rapazada teña espazos para dar a súa visión sobre a sociedade, neste caso dende a vila onde viven, porque a súa opinión é moi importante para nós”, sinala Fernández Fernández-Noriega.


Esta visita ao Parlamento produciuse precisamente logo de que o Concello de Viveiro fose oficialmente recoñecido como candidato ao recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia.
Esta distinción está impulsada pola Secretaría Permanente da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, conformada por representantes do Ministerio de Xuventude e Infancia, a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), o Instituto Universitario de Necesidades e Dereitos da Infancia e a Adolescencia (IUNDIA) e UNICEF España.
“Este recoñecemento non é só un titulo, senón un compromiso do Goberno municipal para seguir defendendo os dereitos da nosa rapazada”, afirma Fernández Fernández-Noriega.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...