InicioOccidentalViveiroViveiro participa en Sportur Galicia con posto propio

Viveiro participa en Sportur Galicia con posto propio

Neste VI Salón de Deporte e Turismo Activo, ubicado no recinto Expourense, o Concello de Viveiro pretende, un ano máis, dar a coñecer os recursos que ofrece no relativo a este tipo de turismo.

Publicada o

- Advertisement -

O concello de Viveiro participa cun posto propio nunha nova edición da feira Sportur Galicia, que se celebra na cidade de Ourense. O evento deu comezo no día de hoxe, xoves 30 de novembro, e rematará mañá, venres 1 de decembro.


Neste VI Salón de Deporte e Turismo Activo, ubicado no recinto Expourense, o Concello de Viveiro pretende, un ano máis, dar a coñecer os recursos que ofrece no relativo a este tipo de turismo.


María Soledad Rey Yáñez, concelleira de Turismo en Viveiro, destaca que o municipio “cobra cada vez máis importancia nesta cita anual, un evento fundamental para continuar espallando o atractivo turístico de Viveiro en todos os ámbitos posibles”.


Tamén participa cun posto propio neste evento a empresa viveirense RoqSport, que xestiona o parque de aventura Roq Park no Monte de San Roque. “Convidamos a todas as empresas do sector asentadas no municipio a facer parte destas iniciativas, nas que se da a coñecer a diversa oferta da que dispoñemos”, apunta Rey Yáñez.


O VI Salón de Deporte e Turismo Activo Sportur Galicia conta con numerosas actividades para todos os públicos dirixidas tanto a deportistas profesionais como a afeccionados ou principiantes, e está a ter unha repercusión crecente no ámbito turístico galego.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...