InicioOccidentalViveiroO Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde "segue igual...

O Concello de Viveiro denuncia que o Centro de Saúde “segue igual a pesar das promesas da Xunta”

Dende o Goberno local sinalan que ata o momento, non cambiou nada, poñendo como exemplo que na tarde de hoxe non vai estar traballando ningún dos facultativos que están no centro no turno de tarde.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro continúa a denunciar a situación do Centro de Saúde do Municipio, que “segue igual a pesar das promesas da Xunta”. Antes da concentración convocada diante do centro o pasado domingo 19 de novembro, a Xunta de Galicia anunciou a través da prensa que cubriría este ano as vacantes de persoal. Estas vacantes ocasionaran unha situación que no seu momento o Concello calificou de “moi grave e insostible”.


Porén, dende o Goberno local sinalan que ata o momento, non cambiou nada, poñendo como exemplo que na tarde de hoxe non vai estar traballando ningún dos facultativos que están no centro no turno de tarde.


Ademais, a Plataforma en la Defensa de la Sanidad Pública de A Mariña, entidade convocante das manifestacións, denunciou a semana pasada que as citas para algúns médicos estaban bloqueadas ata xaneiro, por mor da falta de persoal.


A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, denuncia que “a saúde dos nosos veciños e veciñas está en risco”, e os anima a “seguir poñendo reclamacións e a seguir participando nas mobilizacións”. A última concentración realizada en Viveiro reuníu en torno a 3.000 persoas.
Por outra banda, a tenenta de alcaldesa Míriam Bermúdez reafirmou a esixencia “de que a Xunta de Galicia faga algo de xeito urxente, hai cousas que non poden agardar”. “A cidadanía de Viveiro e da Mariña merecen unha sanidade pública e de calidade”, engade.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...