InicioOccidentalViveiroO servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de decembro porase en marcha o novo servizo de recollida da fracción orgánica dos residuos de xeito separado.

Os días 14 e 15 colocaranse os contedores de cor marrón en diferentes puntos do entorno urbano de Viveiro, Celeiro e Covas, podéndose depositar os residuos neles dende o momento en que estean colocados.

Estes contedores serán de acceso restrinxido mediante chave, unha característica motivada pola necesidade que o residuo depositado sexa da maior calidade posible e non leve impropios. A recollida será os luns, mércores e venres.


Existen chaves a disposición de todos os usuarios e usuarias, que se entregarán na oficina de información ao cidadán situada na rúa Teodoro Quiros, número 7. Pode solicitarse máis información ao respecto no teléfono de atención 697162637 ou no propio Concello. Xunto coa chave de apertura entregarase un kit composto por un cubo pequeno para os fogares, bolsas compostables e un folleto explicativo.


Lembrase tamén que a partir dese mesmo día 18 porase en marcha o servizo de quita e pon no casco histórico, de maneira que os contedores serán retirados da rúa a primeira hora da mañá e serán colocados de novo a partir das 18:00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...