IniciosociedadeO Parque de Bombeiros de Viveiro pechado pola ausencia dun traballador previsto...

O Parque de Bombeiros de Viveiro pechado pola ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos

Publicada o

- Advertisement -

O Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo informou de que o Parque de Bombeiros de Viveiro permanecerá pechado este luns debido á ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos. Nun comunicado, a Deputación lucense explicou que dos tres efectivos esperados para cubrir os servizos mínimos deste parque, un deles non se presentou ao posto de traballo, sen ter constancia de xustificación.

Pola súa banda, no Parque de Vilalba outro traballador tampouco asistiu polo falecemento dun familiar. “Ante esta situación, dado que non se cumprían os servizos mínimos nestes dous parques e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio procedeu a recolocar aos dous efectivos do Viveiro, un no parque de Vilalba e outro en Barreiros, onde atenderán as posibles incidencias“, engadiu a Deputación. Por iso, o parque de Viveiro permanecerá pechado ata o martes ás 09.00 horas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...