InicioOccidentalViveiroPecha de novo o Parque de Bombeiros de Viveiro ante falta de...

Pecha de novo o Parque de Bombeiros de Viveiro ante falta de persoal

Segundo informou a Deputación de Lugo, do tres efectivos convocados para cubrir os servizos mínimos nos parques de Chantada e de Viveiro, só presentáronse dous en cada base.

Publicada o

- Advertisement -

O Parque de Bombeiros de Viveiro volveu a permanecer pechado na xornada deste xoves, do mesmo xeito que ocorreu xa o pasado luns, pola ausencia dun traballador previsto nos servizos mínimos.

Segundo informou a Deputación de Lugo, do tres efectivos convocados para cubrir os servizos mínimos nos parques de Chantada e de Viveiro, só presentáronse dous en cada base.

Así, o Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento de Lugo tratou de mobilizar outros profesionais de distintos parques, pero non foi posible porque o persoal que está a traballar está a cubrir os servizos mínimos nos seus respectivos centros. Tamén se tratou de avisar a efectivos reténs, pero non se presentaron.

“Ante esta situación, dado que non se cumprían os servizos mínimos destes dous parques e atendendo á premisa de dar cobertura á maior zona e poboación posible, o Consorcio procedeu a recolocar aos dous efectivos do parque de Viveiro, un en Chantada e outro en Barreiros”, engadiu a Deputación, explicando que o centro de Viveiro permanecerá pechado ata o venres ás 09.00 horas, do mesmo xeito que ocorreu este mércores co de Chantada pola mesma casuística.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...