InicioOccidentalViveiroA alcaldesa de Viveiro mantivo unha reunión coa Asociación Saúde Mental "A...

A alcaldesa de Viveiro mantivo unha reunión coa Asociación Saúde Mental “A Mariña”

Unha vez máis, agradecemos o fundamental labor que realiza esta asociación na comarca, reivindicando a saúde mental e prestando apoio ás persoas doentes e ás súas familias”, sinalou a alcaldesa María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, recibiu esta mañá a un grupo de persoas usuarias e monitores da Asociación Saúde Mental “A Mariña”. Os integrantes da asociación entregáronlle á rexedora un detalle e mais un exemplar da revista “Agarimo”, que publicarán o vindeiro mes de decembro.


O Concello de Viveiro colabora regularmente con esta asociación, que conta cun centro na vila destinado á rehabilitación psicosocial e laboral, ademais de realizar outras actividades.
“Unha vez máis, agradecemos o fundamental labor que realiza esta asociación na comarca, reivindicando a saúde mental e prestando apoio ás persoas doentes e ás súas familias”, sinalou a alcaldesa. Neste sentido, Loureiro remarcou que o Concello “continuará apoiando o traballo desta asociación, co obxectivo de mellorar a situación das enfermidades mentais”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...