- Advertisement -
O Concello de Viveiro quere agradecer a enorme participación veciñal na campaña de recollida de xoguetes organizada para este Nadal.
“Viveiro é un concello solidario e moi xeneroso, e o demostra unha vez máis para que ningún neno ou nena quede sen xoguete este Nadal”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
Como nas edicións anteriores, todo o recadado foi distribuído polo equipo dos servizos sociais municipais.