InicioOccidentalViveiroViveiro saca a licitación as obras de humanización da rúa do Porto...

Viveiro saca a licitación as obras de humanización da rúa do Porto de Celeiro

Trátase dun proxecto que abarca unha zona moi ampla no cruce formado pola rúa Lavandeiras, a LU-P-6612 e a rúa do Porto de Celeiro, acceso principal de vehículos e peóns á fachada marítima de Celeiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro sacou a licitación as obras para a humanización da rúa do Porto do Celeiro, unha renovación integral que inclúe a pavimentación e renovación de todos os servizos da rúa. As empresas interesadas teñen de prazo ata o 4 de xaneiro para presentar as súas ofertas.

Trátase dun proxecto que abarca unha zona moi ampla no cruce formado pola rúa Lavandeiras, a LU-P-6612 e a rúa do Porto de Celeiro, acceso principal de vehículos e peóns á fachada marítima de Celeiro.

Grazas ás xestións da alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, a Deputación de Lugo aportará unha achega de 544.563,82 euros, mentres que o concello aportará 136.140,96 euros. O orzamento total é de 680.704,78 euros.

O proxecto contempla o movemento de terras e demolicións; pavimentación de beirarrúas e zonas de aparcadoiro; a reposición da rede de saneamento, pluviais, abastecemento e alumeado público; así como a canalización da electricidade, as telecomunicacións, a dotación de xardinería, mobiliario urbano e sinalización horizontal e vertical da zona.

“É unha obra imprescindible para mellorar a mobilidade e a accesibilidade dos veciños e veciñas de Celeiro. Mantendo o espíritu e a esencia mariñeira tan característica da zona, levaremos a cabo unha renovación integral dunha das áreas máis dinámicas do concello, renovando os seus servizos e cumprindo as demandas veciñais”, subliña María Loureiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...