InicioOccidentalViveiroAcordo Deputación de Lugo e Concello de Viveiro para manter o Belén...

Acordo Deputación de Lugo e Concello de Viveiro para manter o Belén Xigante

A alcaldesa de Viveiro recalcou que o belén “é un recurso que atrae a milleiros de persoas, cun importantísimo retorno económico para o municipio e para toda a contorna, sobre todo no que ten que ver co sector servizos, a hostalería e o turismo”.

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinaron hoxe no Pazo de San Marcos un acordo para seguir impulsando o belén xigante Viveiro ante o Berce.

Explicou Tomé Roca que esta axuda de 40.000 euros contribúe a que este belén “sexa diferente cada ano, porque permite ao Concello introducir melloras que permitan que este reclamo turístico siga sendo un dos grandes polos de atracción da nosa provincia no Nadal”.

Lembrou que a Deputación traballa sempre “da man dos concellos, neste caso do de Viveiro” e que en materia turística o obxectivo “é favorecer que os visitantes cheguen durante todo o ano, non só no verán. Por iso son moi importantes as iniciativas que axudan a conformar unha oferta de calidade, sostible, que xera actividade económica e emprego”.

Pola súa banda, a alcaldesa de Viveiro recalcou que o belén “é un recurso que atrae a milleiros de persoas, cun importantísimo retorno económico para o municipio e para toda a contorna, sobre todo no que ten que ver co sector servizos, a hostalería e o turismo”.

O belén conta cun centenar de imaxes a tamaño real, incluíndo animais e numerosas estruturas coas que se recrean escenas do nacemento, pero tamén da vida dunha vila con todo tipo de actividades. Destaca pola súa beleza, a dimensión das pezas, e tamén por estar instalado no centro do casco histórico de Viveiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...