InicioOccidentalViveiroViveiro agradece a Adrián Ben e á A. D. San Roque a...

Viveiro agradece a Adrián Ben e á A. D. San Roque a doazón de alimentos e produtos de hixiene

“Temos que agradecer a Adrián Ben a actividade que fixo cos nenos, xa que para eles é unha referencia, e o carácter solidaria da mesma”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro agradece ao atleta Adrián Ben e á asociación deportiva San Roque a doazón de alimentos non perecedeiros e produtos de hixiene para as familias da vila que os necesiten.

O pasado 30 de decembro, Adrián Ben e a asociación deportiva San Roque organizaron unha actividade deportiva e solidaria cos nenos e nenas de Viveiro.

Os participantes fixeron doazóns que agora repartirá Servizos Sociais entre as familias máis necesitadas do concello.

“Temos que agradecer a Adrián Ben a actividade que fixo cos nenos, xa que para eles é unha referencia, e o carácter solidaria da mesma”, afirma María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

Lucía Míguez, traballadora social e directora adxunta de Servizos Sociais, recolleu os alimentos e os produtos de hixiene da man de dous representantes da asociación deportiva San Roque.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...