InicioOccidentalViveiroO IV Concurso de Decoración de Nadal do CCHV xa ten gañadores

O IV Concurso de Decoración de Nadal do CCHV xa ten gañadores

Publicada o

- Advertisement -

O concurso de decoración con motivos navideños para as fachadas e os escaparates dos locais comerciais de Viveiro presenta unha nova categoría, a de decoración artesanal, na que se valoran aqueles escaparates que contan cunha decoración realizada por eles mesmos.

As categorías e premios foron:

Categoría Comercios:

– Premio ó mellor Balcón ou fachada navideña

– Premio ó mellor escaparate e interior do establecemento

– Premio á mellor decoración artesanal

O xurado estaba composto pola concelleira de comercio Iria Cotelo, pola deseñadora de interiores Silvia Méndez e por un representante da Directiva do CCHV e artista local que foi Iván Fernández Ferro.

Valorouse tanto a orixinalidade, como a creatividade, a iluminación, o impacto visual, a dificultade de elaboración e os materiais utilizados. Destacaron, ante todo, a gran calidade dos traballos e o esforzo e a involucración dos negocios para dar un ambiente o máis navideño posible ós seus locais. O veredicto estivo moi reñido, nesta edición o xurado tívoo moi complicado.

O gañadores foron:

Gañador Mellor Escaparate: Tejiendo Sueños

Gañador Mellor Fachada: Mimimó Moda Infantil

Gañador Mellor Decoración Artesanal: Tejidos Rogelio

A entrega de premios realizarase mañá pola tarde nas oficinas do CCHV, ca presenza da Concelleira de Comercio Iria Cotelo e o Directivo do CCHV Saúl Jimenez.

A directiva quere agradecer a tódolos negocios a súa participación e o seu esforzo que fai que entre todos Viveiro luza espectacular Nadal tras Nadal. O balance da campaña de Nadal é moi positivo, visitounos moita xente ó longo de todo o mes e iso notouse nas compras e na hostalaría. Esperamos que esta nova campaña de rebaixas que acaba de comezar estea igual de animada e a xente siga apostando por mercar no comercio de proximidade, onde ver, tocar, probar e levar é un plus xunto coas garantías que ofrece o comercio local.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...