InicioOccidentalViveiroCatalina Fernández toma posesión como concelleira de Benestar en Viveiro

Catalina Fernández toma posesión como concelleira de Benestar en Viveiro

A entrada de Fernández Méndez na corporación municipal prodúcese despois da renuncia da ata agora concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, á súa acta por motivos estrictamente profesionais.

Publicada o

- Advertisement -

Catalina Fernández Méndez tomou posesión como nova concelleira de Benestar Social, Sanidade e Infancia en Viveiro no pleno ordinario realizado onte.


A entrada de Fernández Méndez na corporación municipal prodúcese despois da renuncia da ata agora concelleira de Turismo, Marisol Rey Yáñez, á súa acta por motivos estrictamente profesionais.


As competencias de Turismo serán asumidas polo momento pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, co obxectivo de “seguir adiante cos temas que temos pendentes, como pode ser o de Fitur”, explica.


O turismo é fundamental para Viveiro, xa que o sector servizos supón máis do 50% de emprego no municipio, e polo tanto dende o Goberno local dámoslle moita importancia”, sinala Loureiro.


A alcaldesa destaca tamén que “a anterior concelleira, Marisol, a pesar de non contar con dedicación exclusiva do Concello, levaba todo ela dada a súa profesionalidade e dedicación”. “O seu papel na visibilización e no aproveitamento do potencial turístico de Viveiro foi fundamental nos últimos anos”, engade.


“Grazas a todo o traballo feito, o turismo na vila estase desestacionalizando, afianzándose como un sector clave xunto co pesqueiro ou o forestal”, explica Loureiro. “Ademais, estamos traballando así mesmo para fomentar e atraer a industria, como facemos coa reivindicación da VAC Costa Norte ou coa aprobación do Plan Xeral entre outras actuacións”, conclúe a alcaldesa.


Pola súa banda, Fernández Méndez destacou a súa “ilusión por formar parte do equipo de goberno e traballar por todos os veciños e veciñas de Viveiro”, sinala a nova concelleira, que é tamén médica internista no Hospital Público da Mariña.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...