InicioOccidentalViveiroViveiro destaca os beneficios do sistema 'Quita e Pon' dos colectores de...

Viveiro destaca os beneficios do sistema ‘Quita e Pon’ dos colectores de lixo

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro destaca os beneficios do sistema ‘Quita e Pon’ de recollida de lixo no casco histórico da vila, posto en marcha o pasado 18 de decembro.


“Coa posta en marcha deste servizo eliminamos os colectores na vía pública no ámbito do casco histórico, que provocan frecuentes problemas de suciedade e cheiros, substituíndoos por un servizo de retirada e colocación diaria de colectores”, lembra Míriam Bermúdez, tenente de alcaldesa e responsable de Medio Ambiente, que hoxe mantivo un encontro de coordinación do servizo con Antonia Prieto, técnica municipal de medioambiente, e Bruno Castiñeiras, responsable da empresa concesionaria FCC.


O ‘Quita e Pon’ consiste na colocación diaria de colectores dispoñibles en 16 ubicacións do casco histórico, que coinciden coas ubicacións tradicionais máis cinco novas ubicacións.
Esta colocación realízase de forma diaria a partir das 18:00 horas, estando os colectores disponibles para a súa utilización ata a mañá do día seguinte ás 06:00 horas.


Este sistema supón un esforzo para o servizo de limpeza e un incremento do coste do mesmo para o concello, polo que solicitamos a máxima colaboración da veciñanza para que as bolsas de lixo se despositen no horario establecido nos colectores dispoñibles ”, engade Bermúdez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...