InicioOccidentalViveiroViveiro anuncia os premios do Certame de Poesía Infantil 'Nadal 2023/24'

Viveiro anuncia os premios do Certame de Poesía Infantil ‘Nadal 2023/24’

A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, quixo transmitirlles “todos os meus parabéns, co desexo de que continúen participando na vida cultural do noso concello”

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro anunciou aos premiados e premiadas do Certame de Poesía Infantil “Nadal 2023/24”. Os premios do mesmo serán entregados o sábado día 27 ás 13:00 horas na Biblioteca Municipal de Viveiro.


O gañador na categoría A, de ata 8 anos, foi Aleixo Mariño Gómez. As gañadoras na categoría B, de 9 a 11 anos, foron Mara López Fernández, Anne López Ferraz e Inés Mariño Gómez.


A concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega, que foi unha das integrantes do xurado, quixo transmitir ás premiadas e ao premiado “todos os parabéns do mundo, co desexo de que continúen participando na vida cultural e nas actividades do noso Concello”.


“Dende o Concello queremos darlles as grazas a toda a rapazada que participou neste concurso, e a todos os centros educativos que tiveron a ben propoñer esta actividade”, sinalou a concelleira.


Os premiados e premiadas participarán a continuación no certame a nivel provincial organizado pola Biblioteca Municipal de Lugo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...