InicioOccidentalViveiroViveiro posiciónase en Fitur como destino turístico gastronómico e de natureza

Viveiro posiciónase en Fitur como destino turístico gastronómico e de natureza

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro participa esta semana en FITUR, a feira turística de referencia en España, que congrega a profesionais do sector de todo o mundo. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e o concelleiro, Jesús Fernández, representan a Viveiro nesta cita.

Onte mércores, primeira xornada de FITUR, a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, participou nas primeiras reunións “con touroperadores turísticos moi interesados na oferta de natureza e para as familias que ofrece Viveiro”.

Este xoves os representantes do Concello de Viveiro estiveron na presentación da campaña turística da Deputación de Lugo.

Tamén hoxe, a alcaldesa participará na reunión cos municipios participantes no proxecto “Spain Culinary Villages”, no que está incluído Viveiro. Este proxecto inclúe a varios municipios de España, pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de desenvolver o seu turismo gastronómico e sostible.

Concretamente, o Concello de Viveiro aporta ao proxecto o percorrido do restaurante Nito, rexentado pola familia Balseiro dende 1970. O local conta con 2 soles Repsol e foi recoñecido en Madrid Fusión como unha das seis mellores marisquesrías de España.

Na tarde de hoxe, os representantes municipais de Viveiro reuniranse tamén coa revista “Viajar con Hijos”, e manterá unha reunión con “Camiños da Pasión”, que pertence a rede europea da Semana Santa. Viveiro estará ademais na presentación da campaña turística da Mancomunidade da Mariña Lucense.

O venres, o Concello de Viveiro manterá unha reunión coa empresa I-Urban, que traballa no sector turístico e na intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...