InicioOccidentalViveiroViveiro consolídase en Fitur como destino de calidade

Viveiro consolídase en Fitur como destino de calidade

“Cada ano notamos un maior interese por Viveiro, por iso é moi importante para o noso concello estar en Fitur”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro fai un balance moi satisfactorio da súa presenza en FITUR, consolidándonse como un destino de calidade durante os doce meses do ano. “Cada ano notamos un maior interese por Viveiro, por iso é moi importante para o noso concello estar en Fitur”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.

“Os destinos de natureza como Viveiro teñen cada vez máis demanda no sector turístico e o noso concello ofrece ademais aos visitantes un elevado patrimonio cultural e histórico, unha variada gastronomía, a Semana Santa e outros eventos xa consolidados ao longo do ano”, engade a alcaldesa.

Loureiro e o concelleiro Jesús Fernández representaron a Viveiro na feira, onde mantiveron reunións “con touroperadores turísticos moi interesados na oferta de natureza e para as familias que ofrece Viveiro”.

A alcaldesa participou ademais na reunión cos municipios participantes no proxecto “Spain Culinary Villages”, no que está incluído Viveiro. Este proxecto inclúe a varios municipios de España, pola calidade dos seus restaurantes e alimentos, co obxectivo de desenvolver o seu turismo gastronómico e sostible.

Hoxe pola mañá, o Concello de Viveiro mantivo unha reunión coa empresa I-Urban, que traballa no sector turístico e na intelixencia artificial.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...