InicioOccidentalViveiroViveiro abre un prazo de inscrición do 1 ao 9 de febreiro...

Viveiro abre un prazo de inscrición do 1 ao 9 de febreiro para participar no desfile de Entroido

Está previsto que o programa completo do Entroido sexa anunciado próximamente.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Viveiro abre un prazo de inscrición do 1 ao 9 de febreiro para participar no desfile e o concurso de Entroido. “O Entroido é, sen dúbida, unha das datas máis sinaladas en Viveiro. Agardamos que tanto os nosos veciños e veciñas, como a xente que nos visita nestes días, desfruten do ambiente da nosa vila”, sinala María Loureiro, alcaldesa de Viveiro.

O certame de disfraces contempla categorías de adultos (carrozas, comparsas con musica, grupos, parellas e individual) e infantil (individual, parellas e grupos). Unicamente será posible inscribirse nunha categoría. A inscrición será no rexistro ou na sede electronica do Concello de Viveiro.

O Concello de Viveiro concederá premios aos catro mellores participantes en cada categoría, cun premio de 700 euros para a mellor carroza. En total, repartiranse case 5.500 euros en premios entre todas as categorías.


Tamén se concederá un premio especial ao humor e á orixinalidade, entre todos os participantes da categoría adultos. Por último, o Concello de Viveiro outorgará unha axuda especial por un importe máximo de 200 euros a cada unha das carrozas participantes no desfile. Está previsto que o programa completo do Entroido sexa anunciado próximamente.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...